[Aqui se deixa a notícia tal como foi difundida pelos organizadores do concurso.]
Rodríguez Barrio acada o 'Cidade de Ourense'
O xurado do premio poético escolleu a súa obra
'Calado testamento'
Unha meditación sobre o paso do tempo, a través dun diálogo co amor, con Galicia e coa familia.
Así se estructura o poemario 'Calado testamento', a obra ganadora da 27 edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense, do autor Xavier Rodríguez Barrio (Lugo, 1956). O xurado, que estivo integrado por Miguel Anxo Fernán Vello, editor de Espiral Maior; Soedade do Muíño, profesora de Lingua e Literatura galega; Fernando de Castro Blanco, membro do Grémio Literário de Vila Real e Vice-Presidente da Academia de Letras de Trás-os-Montes e o poeta ourensán Edelmiro Vázquez Naval, reuniuse onte no Auditorio da cidade para emitir o seu veredicto sobre as 48 obras presentadas a esta edición.
A obra é froito de moitos anos de reflexión, xa que os primeiros poemas datan dos anos 1995-96. Rodríguez Barrio recordaba onte que tomou con serenidade a elaboración desta poemario, trala publicación do anterior ('Antiga claridade', 1992), unha reflexión sobre as vivencias e recordos da nenez e a xuventude. Xa nesta obra estaba presente o paso do tempo, aínda que dende a óptica dun home na trintena, pero agora se reflexa con máis radicalidade. 'É o balance da vida dun cincuentón xa', sinalaba .
O volume divídese en tres partes. A primeira, 'En trazos da súa sombra', é o balance do amor, un diálogo sobre as vivencias amorosas, mentres a segunda, 'Tan inhóspita luz', adquire un carácter máis negativo ó reflexar xentes e situacións de Galicia. Finalmente, a terceira parte, 'Ningún regreso', amosa unha conversa coa familia, a que está e a que xa se foi, e co tempo que non regresa.
O premio ten unha dotación económica de 6.000 euros e a publicación do libro en Espiral Maior nos vindeiros meses, no que Rodríguez Barrio espera contar co prólogo de Darío Xohán Cabana. O autor destacaba a importancia deste premio porque conleva 'o respaldo dun importante xurado' entre unha grande competencia (pois o certame está aberto á obra portuguesa).

O AUTOR
Xavier Rodríguez Barrio, que traballa como coordinador do Gabinete de Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, publicou a súa primeira obra con 17 anos,'Pranto irmán', á que seguiron 'Antífona da redención' (Premio Galicia 1978), 'Os laberintos da xerfa' (Premio 'Celso Emilio Ferreiro 1984); 'Os aposentos silenciados' (Premio Esquío 1986), 'Celebración do gozo' (finalista do Premio Nacional de Literatura e Premio Esquío en 1988); 'Alba no muro' (premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1990), e 'Antiga claridade' (Premio Martín Codax), entre outros. Tamén publicou narrativa e ensaio. Ademais, posúe a Medalla de Ouro do Patronato 'Rosalía de Castro' (1975) e obtivo o Premio Nacional de
O xurado estivo integrado por Fernán Vello, Fernández Naval, Do Muiño, Dos Santos, Fernando de Castro Blanco e Fernández Valencia. (Foto: JOSÉ PAZ)
Sem comentários:
Enviar um comentário